Blog thumbnail

Celebración da Graduación Escola de Enxeñería de Telecomunicación en Vigo 2024

Blog thumbnail

O 7 de xuño foi un día cheo de emocións e logros no Campus de Vigo. Na primeira das cerimonias de graduación das escolas de enxeñería, contaron coa presenza de José Manuel Martínez, decano do Coettga, quen acompañou aos novos graduados neste momento tan especial.

A gradación contou tamén coa participación de Abel Caballero, alcalde da cidade de Vigo.

Ademais, tivemos o pracer de ver graduarse ao grupo dos Zamburiñas, quen recentemente se coroaron como subcampións do hackathon HPE CDS Tech Challenge. O seu éxito nesta competición de alto nivel demostra o talento e a innovación no noso sector.

Queremos transmitir novamente nosos máis sinceros e merecidos parabéns a todas e todos aqueles que nestes días están a recibir o seu diploma.

Esta cerimonia é o reflexo do traballo, dedicación e perseveranza que mostraron ao longo da súa formación. Cada paso dado, cada reto superado, culminou neste momento de celebración e recoñecemento.

O esforzo que investistes na vosa educación non só foi recompensado cun título, senón tamén coas habilidades e coñecementos que vos abrirán as portas a un futuro prometedor.

Parabéns a todos e cada un de vós!