¿QUE FAI O COLEXIO POR TI?

CONTRIBÚE AO PRESTIXIO DA TÚA PROFESIÓN. A unión de todos os colexiados pon en valor a nosa profesión para o recoñecemento da nosa labor nas empresas, posibilitando melloras na relación laboral. Pertencerás a un Colexio que non só defende a túa profesión, senón que tamén contribúe a fomentar a I+D+i, a potenciar o desenrolo dixital do país, a divulgar as Tecnoloxías da Información e das Telecomunicaciones (TIC) e, sobre todo, a mellorar a calidade de vida e a sostibilidade, controlando a eficiencia enerxética e respetando o medio ambiente.

O COETTGA/COITT consegue manter altos: o teu recoñecemento, atribucións, relación profesional e laboral.

COÑECE A MÁIS PROFESIONAIS

A través das redes sociais, da páxina web e das xornadas e cursos, o COETTGA/COITT supón unha fiestra para coñecer a outros profesionais de telecomunicacións. Desta forma, o Colexio facilita a creación de sinerxias profesionais para incentivar a búsqueda de actividades e proxectos aos colexiados máis emprendedores e a aqueles que se atopan en situación de desemprego.

REMANDO XUNTOS

A piña en equipo de Graduados en Teleco e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación terá máis forza que a acción que ti poidas exercer individualmente. O teu Colexio e Asociación son dous referentes do sector en España. O obxetivo de ambas institucións é mellorar o servizo de telecomunicacións aos cidadáns, representar e defender aos profesionais asociados e aos novos titulados de Grao en Telecomunicacións. Recorda que a unión fai a forza.

6814
Colexiados

COÑECE A MÁIS PROFESIONAIS

A través das redes sociais, da páxina web e das xornadas e cursos, o COETTGA/COITT supón unha fiestra para coñecer a outros profesionais de telecomunicacións. Desta forma, o Colexio facilita a creación de sinerxias profesionais para incentivar a búsqueda de actividades e proxectos aos colexiados máis emprendedores e a aqueles que se atopan en situación de desemprego.

TEN UN PERFIL PROFESIONAL SOBRESAÍNTE

Se te colexias podes mellorar o teu perfil profesional ao manter coñecementos actualizados, acceder a empregos segmentados, rodearte de contactos expertos en áreas emprendedoras das TIC, aumentar a túa competitividade con formación a medida en xornadas, cursos, talleres e congresos, acometer proxectos coa garantía do know how do Colexio Profesional ao ampliar a túa rede de contactos co resto de colexiados.

155
Horas de formación
15
Formacións anuais

¡PÁSAO BEN!

O COETTGA/COITT organiza diversas actividades de ocio e ofreceche a posibilidade de que accedas aos apartamentos que ten en Benidorm e Marbella a un coste moi inferior aos prezos de mercado.

Servizos para colexiados

Descobre ata onde podes chegar.

Aproveita todos os servizos do COITT

en 3 sinxelos pasos.