Telecomunicaciones Galicia ForoTelecos 2023 forotelecos galicia coitt coettga jose manuel martinez decano teleco

Edición IV Forotelecos Galicia

Telecomunicaciones Galicia ForoTelecos 2023 forotelecos galicia coitt coettga jose manuel martinez decano teleco ,

Os enxeñeiros técnicos de telecomunicacións de Galicia reivindican o seu importante papel no que a Ciberseguridade e a necesidade de dar máis visibilidade ao sector entre os mozos e as mulleres.

O 26 de xaneiro de 2024 ás 17:00h en Hotel Finisterre (A Coruña) dará comezo a IV edición de Forotelecos Galicia.

O Colexio Oficial e Asociación de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación de Galicia aglutina aos profesionais nas tecnoloxías da información.

O Forotelecos nace como un encontro de profesionais TIC de Galicia, onde se comparten coñecementos, analízanse tendencias e onde se recoñece o bo facer e a innovación dos nosos profesionais. Este evento é o marco idóneo para congregar a todos os colexiados e quixemos seguir abrindo a participación a máis axentes do sector TIC, de maneira que nos acompañarán empresas, profesionais, Universidades e personalidades da administración estatal destacables no sector tecnolóxico e da innovación.

PREMIOS ENXEÑO 2023

Aproveitamos o evento para entregar os premios “Enxeño das Telecomunicacións – COETTGA/AGGETT”

Un ano máis temos nova edición de premios enxeño, esta será a cuarta edición de galardóns que recoñecen a traxectoria de profesionais e entidades no mundo das Telecomunicacións.

PROGRAMA FOROTELECOS23

  • A Ciberseguridade é un reto tecnolóxico
    no que a Telecomunicacións refírese.
  • Evento formativo para Colexiados.
  • Encontro de confraternización.
  • Entrega dos Premios Enxeño 2023.

PROGRAMA

17:00 h. – Apertura de portas
17:30 h. – «INCIBE, la herramienta de ciberseguridad en la Sociedad Digital» impartida polo Subdirector INCIBE-CERT e CISO de INCIBE, Marcos Gómez Hidalgo
18:00 h. – «Historias de Hackers e Raposos. Aproveitando o malware as a service para volvernos máis Fortes» con Bernardo Viqueira Hierro – Consultor de seguridade e socio en DooingIT
18:30 h. – Pausa
19:00 h. – Mesa redonda: Retos e tendencias da Ciberseguridade nas Empresas

Moderador:

Pablo Escapa Gordón

Interveñen:

Director de BE:SEC en EMETEL, Fernando Segura Castro

Analista de Seguridade de Optare Solutions, Israel Valcárcel García

Responsable de Analítica en Seguridade e Privacidade en Gradiant, Lilian Adkinson

20:00 h. – Recepción de invitados
20:30 h. – Entrega de PREMIOS ENXEÑO 2023
21:30 h. – Cea de gala
23:00 h. – Clausura

A ciberseguridade nas telecomunicacións non é só unha opción, é unha necesidade! É como un escudo invisible que protexe a nosa información persoal, datos corporativos e a infraestrutura crítica que sostén as nosas comunicacións.

Nesta nova edición de Forotelecos reivindicaremos o seu importante papel e a necesidade de dar máis visibilidade ao sector.

Todas as xornadas contan co apoio institucional do 𝗜𝗻𝘀𝘁𝗶𝘁𝘂𝘁𝗼 𝗡𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗖𝗶𝗯𝗲𝗿𝘀𝗲𝗴𝘂𝗿𝗶𝗱𝗮𝗱 (𝗜𝗡𝗖𝗜𝗕𝗘).

PATROCINADORES