Blog thumbnail

Teleco do mes – D. Oscar Outumuro Cid Enxeñeiro Técnico de Telecomuniacións

Blog thumbnail

OSCAR OUTUMURO CID
Enxeñeiro Técnico de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo

O meu nome é Óscar Outumuro Cid, nacín en Ourense hai 36 anos. Toda a miña vida residín en Ourense, pero na época universitaria mudeime a Vigo, onde estudei a carreira de Enxeñeiro Técnico de Telecomunicacións. 

Considérome unha persoa sinxela e traballadora. O meu traballo requíreme unha inversión de tempo moi alta, polo que todo o que podo aproveitar cos meus amigos e familia desfrutoo e valoro ao máximo. Algo que non pode faltar son as reunións familiares de fin de semana na miña vila, Parderrubias, e os petiscos do sábado á noite pola zona dos Viños de Ourense. 

Toda a miña vida fun unha persoa moi deportista, polo que intento sacar tempo tamén para seguir manténdome activo. 

  • Por qué escolliches estudar telecomunicacións?.

Estudar Telecomunicacións non foi una decisión debida a una vocación marcada ou a un plan establecido dende novo. Máis ben foi resultado dunha elección de última hora, nun momento da vida onde moita xente, na que eu me inclúo, non ten claro cara onde levar o seu futuro.

O meu expediente era bastante bo, e a priori podía acceder á carreira que escollese. Gustábame moito a rama tecnolóxica, pero tamén a sanitaria. Como exemplo do lio que tiña na cabeza, non hai máis que ver esa lista de 5 ou 6 opcións que había que cubrir, e na que a teleco lle seguían outras tan distantes como medicina ou fisioterapia.

  • Qué especialidade elexiches? e por qué?

A especialidade pola que optei foi a de Son e Imaxe. Tiven una primeira etapa na que as dúbidas na elección da carreira se arrastraron durante un tempo. Por sorte, a través dun compañeiro, que actualmente tamén o é de traballo, descubrín esta opción que estaba empezando a nacer na Universidade de Vigo da man do grupo especializado neste campo co que conta esta Universidade, con profesores como Manuel Sobreira, Antonio Pena, etc.

  • A que te dedicas actualmente? Cóntanos cómo é o teu día a día no traballo?

Unha das poucas cousas que sempre tiven claro era que na medida do posible, non me gustaría ter que marchar de Galicia. Dentro da miña especialidade, as opcións laborais tampouco eran tan grandes aquí, e sumado a que xa se estaba a cociñar a que a posteriori foi una das peores crises económicas ata o momento, optamos por aventurarnos na creacións da nosa propia empresa.

Xunto con dous compañeiros e amigos da carreira, Javier e Cástor, empezamos a darlle voltas a esta opción, e no 2007 creamos Sonen, empresa especializada en enxeñería acústica.

Os comezos foron moi complicados, comezamos a actividade e ós poucos meses se destapa un dos períodos máis duros económicamente do noso país. Ó noso favor xogaba a xuventude, e que para cumprir o noso desexo de seguir aquí, non había moitas máis opcións enriba da mesa.

Podes imaxinarte en pleno 2008, 2009, 2010 etc. A 3 rapaces de 24, 25 anos, visitando a arquitectos, construtores, enxeñerías, etc. para darse a coñecer e presentar o que faciamos. Entrabamos a despachos onde había poucos meses traballaban 10 ou 12 aparelladores e arquitectos, e nese momento estaban dous intentando capear o temporal. Foron, e son, moitas horas, traballo e esforzo, que pouco a pouco se van vendo recompensadas ca confianza que poñen en nós os clientes. Actualmente traballamos principalmente en toda Galicia, pero tamén no ámbito nacional e internacional, e sempre nos gusta reivindicar o talento que temos aquí.

  • Cales son as vantaxes de ser graduado ou enxeñeiro técnico de telecomunicacións?

Hoxe en día penso que somos un dos profesionais que mellor situados estamos para afrontar o futuro, e xa o presente. Os cambios tecnolóxicos que se produciron nos últimos anos non son máis que o comezo dunha nova forma de relacionarnos con todo o noso entorno. Temos unha gran versatilidade gracias á variedade de cousas que tocas durante á túa formación, e penso que en practicamente todos os sectores produtivos podemos ser moi útiles.

  • Qué lle dirías a un rapaz do instituto para que escolla estudar teleco?

Eu creo que non lle diría nada especificamente para que se decantase por unha ou outra cousa. Baseándome na miña experiencia, o que si lle diría é que escollese algo que realmente o motive, que non teña medo en probar, xa que non pasa nada se durante o proceso se ten que reorientar ou cambiar a elección. Vendo en perspectiva, con sorte a túa vida laboral será un período moi longo, polo que deberías por todo da túa parte para desenvolvelo en algo no que te sintas realizado.

  • Qué che aporta o COETTGA a ti?

Me parece moi importante a labor que se está a facer nos últimos anos dende o COETTGA, sobre todo á hora de conseguir a demarcación Galega. Esto é algo que estou seguro de que vai servir para por en primeiro plano e intentar solucionar moitos dos problemas e limitacións que temos aquí relacionado co noso sector. Como colexiado dende o ano 2008, ver que as cousas se moven en institucións a veces desfasadas, é motivante.

  • Qué che gustaría aportar ti ao COETTGA?

De momento o que intento sempre é estar aberto ás iniciativas que se propoñen, accións, etc. Ás veces o día a día impídeche dedicarlle máis tempo a cousas que se saen do teu traballo directamente, pero non por eso deixas de estar pendente e con receptividade ás cousas que se fan e que merecen a pena. 

  • Qué lle dirías a un estudante de teleco para que se colexie?

Eu creo que é a forma de seguir medrando como sector, de seguir defendendo as nosas competencias e a nosa valía. Algunhas cousas non hai que velas só dende un punto de vista persoal e ir máis alá, xa que como colectivo a forma de que se nos teña en conta á hora de desenvolver lexislación, plans de estudos, dereitos laboráis, etc.  o colexio ten un papel fundamental

Por outro lado, é importante que se vexa esta utilidade, ver que realmente se defende de maneira honrada os intereses colectivos, se non, é normal que cada vez coste máis convencer á xente que non o necesite para desenvolver estritamente a súa labor profesional. Transparencia, traballo e honradez, penso que é a base.