BlockGalicia consolídase como o maior congreso de blockchain a nivel nacional na súa segunda edición celebrada en PALEXCO
- BlockGalicia, a segunda edición do Congreso de Blockchain de Galicia, celebrouse con gran éxito de asistencia e interese polo público participante.
- “O Blockchain é unha das tecnoloxías con maior demanda de profesionais e cunha das maiores retribucións económicas reflectidas no sector TIC”, sinala José Manuel Martínez desde a organización.
BlockGalicia, o Congreso Internacional de Blockchain de Galicia, celebrou a súa segunda edición con gran éxito de participación e asistencia. A cita tivo lugar en PALEXCO, A Coruña, consolidándose como o maior congreso de Blockchain a nivel nacional.
Durante a súa intervención, o decano do COETTGA, José Manuel Martínez, destacou “Todo indica que pasaremos da actual rede de información a un internet de utilidade, un internet de valor”.
O presidente de Agalbit, Fréderic Fernández, agradeceu o esforzo que tanto os organizadores como os relatores puxeron no evento para facer chegar a máis persoas o mundo blockchain. Ademais da importancia destes encontros presenciais nos que os asistentes poden poñerse en contacto e aproveitar para facer networking conectando con outros interesados no sector.
Na inauguración tamén participaron o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, e o conselleiro de Educación, formación e innovación do Concello da Coruña, Juan Ignacio Borrego.
“Galicia é pioneira no uso da Intelixencia Artificial na Administración Pública para facela confiable para os cidadáns e contamos con enxeñeiros técnicos de telecomunicacións con prestixio a nivel mundial” afirmou o conselleiro de Facenda.
“A Coruña é o lugar ideal para celebrar un congreso tecnolóxico de tal nivel por ser unha cidade que aposta pola innovación en todos os ámbitos” – comentou o conselleiro de educación.
Os participantes en BlockGalicia coñeceron as últimas novidades da man dos CEO’s das empresas máis importantes de blockchain en España e outros países de Europa e América xa que este encontro contou coa participación de máis de 30 profesionais entre os que se atoparon os CEO’s de empresas tan recoñecidas dentro do sector como DEXTools, BitBase, Metlabs, Polkadot, Material, Fundación Luckia ou Hijos de Rivera, entre outras.
“O evento consolidouse como un punto de encontro referente a nivel internacional no ámbito das telecomunicacións e o blockchain”, destaca Martínez.
Por primeira vez reuníronse en Galicia referentes do sector da tecnoloxía blockchain como Israel Serrano, Javier Kurman, Pablo López, José Iglesias, Javier Belarte, Stina Biltrefil, Jesús Lorente, María Cerviño, Carlos Callejo ou Víctor Muñoz, entre outros.
“Blockchain non é só bitcoins e agora mesmo permite transformar a administración”, sinala Antonio Rodas, presidente da Asociación Española de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de telecomunicacións COITT.
“É misión e obxectivo do Colexio Oficial de Ing. Técnicos de Telecomunicacións divulgar, educar e atraer talento e oportunidades. Teño que dicir que estou orgulloso e que xunto con AGALBIT e Dextools, conseguímolo facer realidade en Galicia. Penso que será dentro duns anos cando se lle dea valor ao fito histórico que alcanzamos este ano en Galicia no ámbito das TIC e as Telecomunicacións”- engade o decano do COETTGA.
BlockGalicia contou co soporte de empresas líderes no sector das telecomunicacións e do blockchain como DEXTools, empresa con participación e orixe galego, que a nivel mundial é consultada e referencia no seu ámbito para máis de 20 millóns de persoas ao mes.
Ademais, o resto de referentes en integración de tecnoloxía blockchain, como BitBase, Material, Polkadot, Metlabs, Fundación Luckia, entre outros, fixeron deste evento unha garantía de éxito e futuro, significando un respaldo e xerando valor para os asistentes e interesados.