O pasado sábado tivo lugar a asemblea xeral extraordinaria COETTGA/AGGETT no Hotel Puerta del Camino en Santiago de Compostela.
Nela levouse a cabo unha memoria de xestión e capitulouse todo o traballo realizado desde a creación/constitución da asociación, eventos, actividades, iniciativas, convenios…
Expuxemos un resumo económico e presentouse a nova edición de Forotelecos Galicia, que será o 26 de xaneiro de 2024 na Coruña, baseada esta edición na ciberseguridade nas telecomunicacións.
Tamén se trasladaron as diferentes propostas para levar a cabo desde o colexio, con propostas de apoio ao libre exercicio.
Terminamos a mañá cunha reunión de networking nun xantar conxunto onde puidemos gozar e seguir avanzando no noso sector.