A televisión só poderá verse en HD a partir do 14 de febreiro.

A televisión só poderá verse en HD a partir do 14 de febreiro.

A televisión só poderá verse en HD a partir do 14 de febreiro.

A partir do 14 de febreiro, tal e como marcou o Ministerio de Transformación Dixital e da Función Pública, vaise producir o apagón da tecnoloxía SD (standar dixital) da TDT, é dicir, só poderá verse a televisión en alta definición ou HD. 

Proporcionará aos televidentes imaxes moi detalladas, nítidas, cun son moi envolvente e cunha riqueza de cores elevadísima, xa que este sistema ten entre 4 e 5 veces maior resolución da imaxen que o sistema en desaparición.

Na web do ministerio para transformación dixital explícase en detalle moitos aspectos a ter en conta para mercar un novo televisor ou decodificador, onde se fala das diferenzas entre os estandares existentes, incluíndo unha guía moi ampla pensada para usuarios.

Cómo proceder?

A maioría da poboación galega unicamente terá que resintonizar os canais de televisión ou no caso de contar cun aparello anterior ao ano 2011 mercar un pequeno adaptador para poder acceder ao novo sinal. 

O problema da poboación galega

O problema desta decisión está nas vivendas localizadas nas chamadas zonas de sombra ou áreas de exclusión da TDT zona III. Os veciños destas áreas están a recibir o sinal da TDT por satélite e agora deberán mercar un novo dispositivo cun prezo elevado, de media uns 400€.

O problema afecta a unhas 4.300 vivendas espalladas por 260 concellos.

As axudas da Xunta

A Xunta vai lanzar unha liña de axudas para apoiar a estas vivendas da comunidade galega que poderían estar afectadas por estar en zona de sombra e teñen que adaptar os seus televisores tras o apagón da Televisión Dixital Terrestre (TDT).

A axuda vai sufragar o 100% do custo de renovar os equipos e a instalación nas primeiras residencias, ata un líimite máximo de 400€. Mentres que se son segunda residencias, apuntou que a estes fogares poderáselles axudar ata o 50% do custo, cun límite máximo de 200€.  

Incluso despóis do gran esforzo económico feito por Celnex e pola Xunta de Galicia, debido a gran dispersión xeográfica das aldeas e pobos de Galicia, unido coa orografía accidentada e combinada coa elevada vexetación, fai da nosa terra un lugar moi complicado para alcanzar o cen por cen de cobertura. Estímase a modo teórico que entre 4000 e 6000 persoas encontránse en zonas de sombra, polo que foi necesario facer unha extensión da cobertura da TDT mediante sinal de satélite. As zonas xeográficas máis afectada son as comarcas da montaña Lucenses de Meira, Fonsagrada, Os Ancares e o val de Láncara. As zonas montañosas de Ourense tamén están afectadas, concretamente as Serras do Laboreiro, Xurés e Larouxo e os montes de Quinxo, pero existen zonas de sombra puntuais distribuidas ao longo de toda Galicia.

Para instalar os servizos de extensión de TDT por satélite, o COETTGA recomenda  contactar cos máis de 180 distribuidores-instaladores Galegos autorizados. Para unha información máis detallada a Xunta de Galicia conta cunha oficina específica da TDT cos seguintes datos de contacto:

Páxina web: www.tdtgalicia.gal  

Email: oficinatdt@xunta.gal

Tlf: 881 866 388