moedeiro dixital

O moedeiro dixital da Unión Europea xa está en probas

moedeiro dixital

Poderase ter nunha mesma aplicación todos os documentos oficiais como o DNI, o carné de conducir, poderemos gardar contrasinais ou realizar pagos oficiais como impostos ou multas.

Será en 2024 cando estea previsto que se lance este tipo de moedeiro dixital pero xa se coñecen varios detalles.

O primeiro piloto está a levarse a cabo por NOBID un consorcio asinado por Dinamarca, Alemaña, Islandia, Italia, Letonia e Noruega.

Terá capacidade para almacenar de maneira segura a identidade e os documentos privados e outra das súas prioridades serán os pagos PSD2. Será como as posibilidades que che ofrece Google Pay, pero cun sistema común creado por e para cidadáns europeos.

Contarase con varios bancos europeos para a infraestrutura de pagos.

Dependendo dos resultados deste piloto, o Parlamento Europeo decidirá a súa implementación. Polo momento xa se aceptou a proposición do moedeiro dixital europeo, sempre baixo a regulación eIDAS de firma electrónica e a Lei de Datos.

A aplicación española “Mi Carpeta Ciudadana” xa foi un paso nesa dirección e coa chegada do moedeiro dixital poderá ser un gran paso para todos os países europeos.