Dron-letonia-españa-lugo

Sobrevoar un dron en Letonia desde España?

Dron-letonia-españa-lugo

Foi posible grazas ao proxecto ECSEL Comp4Drons, co obxectivo da seguridade e autonomía dos drons e como elevar ese nivel de autonomía. As redes móbiles por tanto xogan un papel moi importante.


O 19 de outubro a pouco máis de 15 km de Riga no histórico aeroporto de Jelgava (Letonia) activáronse os motores dun dron pulsando un botón desde Lugo para transmitirlle a orde.


Este experimento internacional levou a cabo para comprobar a conexión por internet entre operadores móbiles de diferentes países e verificar a interoperabilidade e capacidade de controlar un dron a tan longa distancia.


A líder de proxectos de innovación da operadora letona LMT, Evija Plone, explicou a D+I os detalles máis relevantes do ensaio onde participou un consorcio multinacional liderado pola española Indra.


Para a execución do experimento pulsouse o botón para o despegamento e control do voo nas instalacións de Indra no aeródromo de Rozas (Lugo).


O voo non requiría máis intervención que a do piloto, o maior desafío era a conexión a internet e canta sería a latencia. 

Comprobouse desde España que a transmisión de vídeo tiña unha latencia moi, moi baixa. Isto quere dicir que os operadores móbiles ofrecen un excelente servizo.


Queda verificada a eficacia das conexións entre os operadores, os parámetros de rede móbil e que esta é segura para estes voos autónomos. 

Previamente, LMT preparou unha proba meticulosa como realizar 14 ensaios de voo en diferentes puntos de Letonia e así calcular a cobertura por todo o país e a diversas altitudes.


O experimento obtivo resultados moi valiosos, boa cobertura, sen perder o sinal, en todas as alturas e en todos os voos. Os mellores datos foron a 90 metros, sen árbores nin casas que interfiran na forza de sinal. Por tanto, entre 60 e 90 metros é a altura óptima e máis segura.


Tamén atoparon riscos a estas probas e é que Letonia é un país moi plano, con bosques e non moitas áreas urbanas. A metade da poboación vive en Riga e non teñen nin montañas, nin outeiros.

Se se escolleu outra zona por exemplo as condicións xeográficas de Francia non sería tan fácil.

O que está claro é que é un gran reto para os operadores de telecomunicación, obtivéronse grandes resultados e hai unha seguridade de que a rede é unha infraestrutura moi segura para operacións de dron nun futuro. 

LMT fai un par de anos tamén nos asombrou con outra proba moi rechamante, tratábase de cruzar a fronteira de Letonia a Estonia cun dron e validar a idea de que un UAV podía cambiar dunha rede móbil comercial a outra sen perder a conexión co seu centro de control. Na conferencia 5G Techritory falouse de que en realidade a proba de voo non o foi tanto con conexión 5G, senón que nun 80% e 85% a rede era 4G, xa que en Letonia o 5G está aínda en fase de construción de insfraestructuras.