Blog thumbnail

Visita ás Infraestruturas de Telecomunicacións da Cidade da Cultura de Galicia (CdC)

Blog thumbnail

Unha delegación do COETTGA visita as infraestruturas de Telecomunicacións da Cidade da Cultura. A visita foi guiada polo responsábel de TICs da Fundación que xestiona o complexo cultural, Carlos Pedreira, que mostrou a avanzada rede de telecomunicacións que agocha a senlleira obra arquitectónica.

Na Cidade da Cultura converxe hoxe un nodo tecnolóxico de comunicacións que vertebra con alta fiabilidade boa parte dos sistemas da administración galega en conexión con operadoras de telefonía e diferentes entidades públicas e privadas, chave nas tecnoloxias da información e as comunicacións (TICs) de Galicia. Visitáronse as galerias subterráneas por onde se encamiñan os aros de fibra óptica de ultra alta capacidade que conectan os diferentes edificios entre si e co mundo exterior, entrando tamen polo miúdo nos diferentes espazos cos sistemas que habilitan un acceso capilar e xerarquizado a todos os servizos no complexo (wifi, telefonía mobil, seguridad e vigilancia, domótica, enerxía, pasarelas de alta capacidade, etc.)

O responsábel desgranou as claves do deseño da infraestruturas de Telecomunicación na que él participou desde a súa orixe, e as elevadas prestacións e fiabilidade que acadan nun escenario onde as TICs son a cada paso mais importantes e críticas para as nosas actividades.

Desde o COETTGA destacamos a importancia de entidades publicas e privadas contar con perfís de dirección de área TICs a cargo de enxeñeiros/as de Telecomunicacións para garantir -como se demostra con éxito no caso da Cidade da Cultura- o adecuado dimensionamento, desempeño e fiabilidade destas infraestruturas desde o seu deseño ate a súa explotación e evolución.