Terceira edición de ForoTelecos Galicia 2023

Terceira edición de ForoTelecos Galicia 2022

Terceira edición de ForoTelecos Galicia 2023

Xornadas de encontro, networking, premios de recoñecemento, presentacións e reivindicacións, todo isto tivo lugar no III Forotelecos Galicia. Celebrado para visibilizar e poñer en valor o traballo diario dos “telecos galegos” e potenciar a imaxe do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (COETTGA).

O Hotel Oca Porta do Camiño foi o escenario elixido ao que acudiron máis de medio centenar de enxeñeiros técnicos de toda Galicia, representantes doutros colexios homónimos nacionais e autoridades para apoiar esta terceira edición do ForoTelecos.

José Manuel Martínez, decano do COETTGA, dirixiu unhas palabras para reivindicar “a presenza e capacidade de adaptabilidade e desenvolvemento dos enxeñeiros técnicos en telecomunicacións naquelas esferas públicas que teñen que potenciar a dixitalización e a implementación das novas tecnoloxías”.

Lembrou tamén que “o traballo do COETTGA é representar a este colectivo e darlle visibilidade, así como apoiar iniciativas e proxectos relacionados coas TIC’s e os retos dos seus profesionais”.

Os representantes do COETTGA fixeron tamén a entrega dos Premios Enxeño 2022, unha terceira edición de galardóns que recoñecen a traxectoria de profesionais e entidades no mundo das Telecomunicacións.

Premio Enxeño 2022 á Delegación de Alumnos de Telecomunicacións polo seu labor de representación das novas xeracións dentro da profesión.

Premio Enxeño 2022 á Asociación Galega de Blockchain e IoT (AGALBIT) por tratarse dunha iniciativa innovadora proxectando as telecomunicacións na sociedade actual.

Premio Enxeño 2022 a Rede de Robótica Educativa por levar as telecomunicacións e as novas tecnoloxías ás aulas desde idades moi temperás onde se forxarán os futuros profesionais do noso sector.

Premio Enxeño 2022 á “Enxeñeira do Ano”, á traxectoria da colexiada Emilia Seoane, Adxunta á dirección técnica de RETEGAL, recentemente xubilada. Sempre visibilizou e defendeu o papel da muller nun sector eminentemente masculino.