É un sistema de chat con intelixencia artificial que está a revolucionar todo. Ultimamente tiveches que ver varias noticias sobre o tema.
É un dos sistemas de IA máis capaces que se probaron nos últimos tempos, capaz de responder e facer calquera cousa que lle pidas.
Está adestrada para manter conversacións, de maneira que só tes que facerlle preguntas e el entenderaas.
Que tipo de sistema é?
Un sistema de chat baseado no modelo de linguaxe por Intelixencia Artificial GPT-3, desenvolto pola empresa OpenAI.
Un modelo con máis de 175 millóns de parámetros e adestra con grandes cantidades de texto para realizar tarefas relacionadas coa linguaxe, desde a tradución ata a xeración de texto.
Conversacións de calquera tema.
ChatGPT foi adestrada para manter conversacións con calquera persoa. O máis sorprendente e que é capaz de darche unhas respostas moi acertadas e completas. Nas respostas é capaz de expresarse de maneira natural e con información moi exacta.
Poderías pedirlle mesmo unha redacción de “X” palabras sobre o tema que ti queiras e a IA xerarache ese texto en nada de tempo.
Acabará cos buscadores?
O debate está aberto xa que hai persoas que din que esta IA podería acabar con Google e buscadores similares, pola capacidade de xerar respostas completas. Pero aínda ten erros, polo que algúns conceptos non están á altura e é pouco precisa.
Esta IA ademais ten un sentido do contexto e recoñece todo o que estivestes falando ata agora, saberá por tanto identificar se te refires a iso sen darlle toda a explicación que lle dabas anteriormente.
Como se fai?
É moi fácil, simplemente tes que entrar na súa web oficial: CHATGPT sendo totalmente gratuíto.
O que debes ter claro é que todo o que escribas quedará rexistrado e poderá ser revisado despois polos desarrolladores de OpenIA. Por tanto, evita escribir información persoal túa ou peticións que sexan perigosas ou delituosas.