Blog thumbnail

Presentación da extensión da rede de telefonía móbil en núcleos rurais e illados de Leiro, Ourense

Blog thumbnail

O COETTGA participou no acto de presentación do proxecto de extensión da cobertura de telefonía móbil en núcleos rurais e illados en Galicia, celebrado en Leiro, Ourense, estando presentes D. José Manuel Martínez Pérez, decano do Colexio, e D. Santi Moroño, membro da xunta de goberno do COETTGA e enxeñeiro técnico de telecomunicacións.

D. Alfonso Rueda Valenzuela, presidente da Xunta de Galicia,D. José Miguel García, CEO de Vodafone España, D. José Manuel Martínez Pérez, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (COETTGA) Dª Mª Pilar Chapela Villanueva, xerente de Retegal, D. Santi Moroño.

Con estas actuacións, tanto o COETTGA como os graduados e enxeñeiros técnicos de telecomunicacións materializan o seu compromiso coa extensión da banda ancha e da cobertura móbil, levando as telecomunicacións ata o último recuncho da nosa comunidade.

D. Damián Rey Rodríguez, director da AMTEGA, Dª Mª Pilar Chapela Villanueva, xerente de Retegal, D. José Manuel Martínez Pérez e D. Santi Moroño.

Así mesmo, tivemos ocasión de concretar reunións e accións pendentes co director da AMTEGA, D. Damián Rey Rodríguez, e coa xerente de Retegal, Dª Mª Pilar Chapela Villanueva, que resultaron ser moi frutíferas para o ben do noso colectivo.

Esta actuación, cun investimento de 10,6 millóns de euros, permitirá a posta en marcha de 68 novas torres para levar cobertura móbil a 210 núcleos rurais de 48 concellos galegos, beneficiando a máis de 5.200 persoas. Trátase dun proxecto pioneiro en Europa, froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, FEGAMP, Retegal e Vodafone.

Aproveitamos este encontro para intercambiar opinións sobre o sector das telecomunicacións co CEO de Vodafone España, D. José Miguel García, acadando compromisos para colaborar entre as dúas entidades co obxectivo de poñer en valor os profesionais do sector.

Desde o COETTGA destacamos a importancia destas iniciativas para garantir unha conectividade de calidade no rural e avanzar na cohesión territorial e na igualdade de acceso aos servizos dixitais en Galicia.