O primeiro aerotaxi

O primeiro aerotaxi español alza o voo en Galicia por primeira vez.

O primeiro aerotaxi

Realizáronse as probas en ceo galego do primeiro e único taxi dron sen piloto de fabricación española, baixo as demostracións do proxecto europeo AMU-LED e coordinadas polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), con sede na Coruña.

Vehículo eléctrico eVTOL

Trátase do eVTOL (vehículo eléctrico de despegamento e aterraxe vertical), dotado da tecnoloxía TECNALIA. É o primeiro en España capaz de desprazarse nas cidades de maneira autónoma, está pensado para trasladar a persoas e cubrir distancias de 15 km en 15 minutos.

Onde tiveron lugar os voos?

Os voos tiveron lugar nas instalacións do Centro de Investigación Aeroportada (CIAR) en Rozas (Lugo), foron xestionados con AIRUS, o sistema máis avanzado de xestión de tráfico de drons en cidades europeas desenvolto en Galicia. Grazas a AIRUS permítese o voo en escenarios complexos polo seu nivel de intelixencia, seguridade e automatización.

Estes voos formaron parte das demostracións de AMU-LED, que busca avanzar na integración dos drons en contornas urbanas. Coordinadas como dixemos por ITG en España, que é unha de mais maiores concentracións de tráfico aéreo de drons en Europa, realizando máis de 30 operacións.

Estas probas posicionan a ITG e Galicia como un referente internacional no ámbito dos voos aéreos non tripulados polo ceo urbano.