Blog thumbnail

O COETTGA, presente en DigitalES Summit 2025, a gran cita anual da tecnoloxía en España

Blog thumbnail

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación de Galicia (COETTGA) estivo presente no DigitalES Summit 2025, o evento máis destacado do panorama tecnolóxico e da innovación dixital en España. Unha cita que reúne anualmente ás principais voces do sector, institucións, empresas líderes e referentes públicos co obxectivo común de trazar o futuro dixital do país.

En representación do Colexio acudiu José Manuel Martínez, decano do COETTGA.

Durante o evento, o decano mantivo un encontro co ministro de Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López Águeda, así como co secretario de Estado de Telecomunicacións, Antonio Hernando. Un momento clave no que se intercambiaron impresións sobre os retos e oportunidades que afronta o sector das telecomunicacións.

Este encontro foi inmortalizado cunhas fotografías que reflicten non só a presenza do COETTGA neste evento, senón tamén o compromiso firme do Colexio co impulso da transformación dixital e o avance tecnolóxico en Galicia.