Hoxe acompañamos aos 43 novos graduados/as en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, nun acto que marca o comezo dunha nova etapa cargada de retos e ilusións.
No transcurso do evento, o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (COETTGA), José Manuel Martínez, dirixiu unhas palabras ao novos titulados, destacando a importancia desta carreira: “Debedes ser conscientes de que sodes unha peza fundamental na sociedade do mañá”.
Desde o Colexio animouse aos novos profesionais a implicarse nos entes colexiais, que actuarán como o lobbie que os represente e defenda os seus intereses profesionais nun ámbito en constante transformación.
Parabéns a todos os graduados e graduadas. Desde o COETTGA desexámosvos un futuro cheo de éxitos e lembrámosvos que sempre atoparedes no Colexio un aliado para seguir medrando como profesionais e como referentes do sector.





