Blog thumbnail

Galicia mantén máis de 13.000 núcleos sen banda ancha ¿Como se reverterá en 2022?

Blog thumbnail

Galicia mantén máis de 13.000 núcleos sen banda ancha ¿Como se reverterá en 2022?

Galicia acumula case o 28 % das áreas sen conexións avanzadas de toda España
As Telecomunicacións son vitais e a crise do coronavirus deixouno en evidencia polo que a redución da fenda dixital é unha necesidade urxente. As novidades tecnolóxicas estarán marcadas polo blockchain e o coche autónomo.

Galicia, 4 de xaneiro 2022.

Galicia é, con diferenza, a comunidade autónoma que acumula maior número de zonas sen banda ancha de España, un total de 13.296 núcleos.

Máis de 121.000 vivendas galegas están en zonas onde non se pode acceder aínda a conexións por riba dos 30 Mbps. Representan o 11,43 % das que hai na comunidade. É dicir, máis dunha de cada dez.

A porcentaxe galega dobra á media española (5,4% de vivendas descubertas) e coloca á comunidade no terceiro posto pola final, só por detrás de Cantabria, onde algo máis do 17% das vivendas quedan fóra desta cobertura, e de Castela e León, onde nunha de cada tres vivendas (o 33,5%) non é posible acceder a redes NGA.

Dentro de Galicia, Lugo é de novo a provincia en peor situación, co 34,1% de vivendas sen posibilidade de conectividade avanzada (máis de 41.000 fogares), seguida de Ourense, con case o 30 % (máis de 36.000). Na Coruña a porcentaxe supera o 22%, mentres que na provincia de Pontevedra queda lixeiramente por baixo do 13%.

A FENDA DIXITAL

Contar cunha boa conexión a Internet converteuse nunha auténtica necesidade dende que a pandemia ampliou o radio de acción no ámbito dixital, ben sexa pola necesidade de teletraballar, pola educación mediante plataformas virtuais ou pola extensión dos trámites en liña coas Administracións. No escenario actual, non contar cun bo acceso á Rede é un lastre moi importante. COETTGA destaca a necesidade urxente de reducir a fenda dixital que pon en evidencia a desigualdade da sociedade e da xeografía galega.

“A conectividade que prestan as Telecomunicacións é tan importante como a electricidade, o gas ou auga corrente, posto que se recoñeceron ás Telecomunicacións como un servizo básico”, salienta o decano do COETTGA, José M. Martínez.

As Telecomunicacións e o teletraballo están contribuíndo enormemente a frear a fenda do desemprego, e por iso é importante destacar a labor dos telecos para facilitar a posibilidade de prestar servizo para conectar a cada un dos fogares, facilitar o traballo dende a casa e o pleno funcionamento dos organismos públicos e privados no marco do illamento social, preventivo e obrigatorio.

Máis de 3,2 millóns de persoas non teñen acceso a internet de calidade e moito menos as plataformas educativas telemáticas. “Para elo, sería necesaria unha tarifa social para poder manter a conectividade co seu entorno”, asegura o decano de COETTGA.

A Sociedade da Información asume a responsabilidade de implementar as novas tecnoloxías, ser eficientes e transparentes e continuar construíndo redes mundiais, non só físicas se non tamén posibilitar que non se rompan as conexiónS humanas.

¿COMO SE REVERTERÁ EN 2022?

Grazas ás actuacións de despregamento de redes de telecomunicacións desenvolvidas ata o momento pola Xunta, conseguiuse unha Comunidade máis conectada, con posibilidade de acceso á banda ancha de cando menos 2 Mbps, e que a metade da poboación dispoña de cobertura de redes de nova xeración de ata 200 Mbps. Isto é debido ao O Plan de Banda Ancha da Xunta, aprobado en outubro de 2015, que asume os obxectivos establecido na Axenda Dixital para Europa de garantir unha cobertura de banda ancha.

Con todo, a rápida evolución das tecnoloxías fai preciso, ademais dunha cobertura universal, velocidades de banda ancha moito máis elevadas para garantir o acceso a novos e cada vez máis sofisticados servizos dixitais.

Dende COETTGA, alertamos da emerxencia de un rápido despregamento de rede inalámbrica de alta velocidad a nivel autonómico. “Os enxeñeiros técnicos de telecomunicacións e os graduados están alerta e son os que teñen as mellores capacidades e coñecementos para proxectar o futuro. O porvir non pasa por unha única tecnoloxía, senón por un bo deseño de un proxecto interconectado no que teñan cabida as diferentes iniciativas de futuro”, explica José M. Martínez.

¿CALES SERÁS AS NOVIDADES?

O 2022 estará marcado polo blockchain, falaremos moito de metauniversos e a realidade virtual. Será o momento da economía telemática e as criptomoedas, pero tamén para a mellora dos procesos de fabricación, elaboración e distribución. Será O momento de grandes implementacións de ciberseguridade nas telecomunicacións que protexan a privacidade dos usuarios e a boa ética social.

O coche autónomo e eficiente será o próximo reto dos enxeñeiros técnicos de telecomunicacións. “Queirámolo ou non, os telecos teremos o reto de deseñar e proxectar o coche do futuro, centrándonos en dúas partes: primeiro que o coche do futuro non será máis que o noso teléfono móvil con rodas. E segundo, debemos garantir a seguridade e ciberseguridade deses vehículos” , explica José M. Martínez. Tendo en conta que hai que ser responsables e non deixar lugar nin a imaxinarnos a posibilidade de que teñamos unha fenda pola que se poida hackear os sistemas de telecomunicacións de ditos vehículos. E niso están traballando dende a Secretaría Técnica do COITT cun proxecto pioneiro a nivel internacional.

As empresas e a Administracións deben ir da man do COETTGA para afrontar os retos de implementación de novos sistemas de telecomunicacións, que están en continua evolución.

Hai unha nova oportunidade única: os fondos Next Generation, que bríndan unha oportunidade única a Galicia, ao COETTGA e aos seus colexiados. “Proxectos e avances tecnolóxicos necesarios e con sentidiño, realizados polos profesionais das telecomunicacións e verificados polo Colexio Profesional, son os que marcarán a diferencia entre gastar o diñeiro e invertir correctamente os fondos que nos poidan chegar”, conclué o decano de COETTGA, que dende COETTGA xunto cos seus colexiados, non van quedar de brazos cruzados a este 2022.