O 14 de xaneiro de 2023 celebrouse en Santiago de Compostela o curso de 𝗥𝗼𝗯𝗼́𝘁𝗶𝗰𝗮 𝗲 𝗧𝗲𝗰𝗻𝗼𝗹𝗼𝘅í𝗮 𝗘𝗱𝘂𝗰𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮, impartido por Fernando Añel, aos colexiados interesados.
Formóuselles desde o punto práctico nas novas tendencias didácticas, como na elaboración de actividades e proxectos para presentar a institucións públicas e privadas.
O curso ademais outorgou o Certificado como formador da Rede Nacional de Robótica Educativa, unha iniciativa do COITT.
Con esta certificación xa poderán impartir obradoiros prácticos ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.
É unha gran oportunidade xa que a revolución robótica vai detonar un importante avance científico e tecnolóxico en diversas áreas.