Blog thumbnail

Edición VI ForoTelecos Galicia

Blog thumbnail

O encontro de referencia para o ecosistema das telecomunicacións galego reuniu profesionais, universidades, empresas tecnolóxicas e administracións públicas para analizar os retos presentes e futuros do sector, ao tempo que se recoñece o talento e o traballo das figuras máis destacadas das telecomunicacións en Galicia.

Un dos momentos máis relevantes da gala chegou coa intervención do presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, quen anunciou unha colaboración pioneira con COETTGA destinada a mellorar as infraestruturas de telecomunicacións en toda a provincia, con especial atención ao rural. Un compromiso que reforza a importancia estratéxica das telecomunicacións para crear oportunidades, impulsar negocio e atraer talento.

O factor humano foi tamén protagonista da intervención do decano do COETTGA, José Manuel Martínez Pérez, quen lembrou que detrás de cada cable, antena ou algoritmo hai profesionais con talento, ilusión e responsabilidade. Subliñou ademais que a tecnoloxía “non avanza soa”, senón grazas a ese factor H: humanidade, representado por persoas con ética, criterio e visión de futuro.

Durante a gala entregáronse os Premios Enxeño 2025, que recoñecen a excelencia profesional no ámbito das telecomunicacións:

Enxeño Junior – Álvaro Soto Barja
Iniciativa Empresarial – SPARC Foundry
Mérito Institucional – Equipo EDITE – Arroba
Enxeñeiro do Ano – Óscar Outomuro Cid e Javier Castillo Cid
Excelencia nas Telecomunicacións – José Luis Fernández Carnero

O Foro consolídase como un punto de encontro estratéxico para a innovación, a formación, o emprego cualificado e o desenvolvemento tecnolóxico en Galicia.