CONVOCATORIA AGGETT:
Por acordo da Xunta Directiva celebrada 10 de febreiro, notificamos a convocatoria da próxima Asemblea Ordinaria de AGGETT, en conformidade co artigo 25 dos estatutos vixentes, celebrarase no Hotel Puerta del Camino en Santiago de Compostela:
O día 23 de marzo ás 10:30 en primeira convocatoria e ás 11:00 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
Memoria de Xestión
Exposición dos resultados económicos da AGGETT
Orzamentos: Exposición estimada dos orzamentos 2024
Asuntos de trámite.
Rogos e preguntas.
Achégase á convocatoria da Asemblea, o modelo de voto delegado (modelo de voto delegado) que deberá estar cuberto e firmado polo representante e polo representado tal e como indica o artigo 27 dos estatutos de AGGETT:
“As autorizacións para poder votar en nome de asociados ausentes, han de entregarse, de forma fehaciente, ao Secretario da Asociación antes da hora sinalada para a apertura da sesión e en ningún caso se permitiran máis de dúas representacións por asociado. Estas representacións só serán válidas para votacións de asuntos incluídos na Orde do Día, excepto nas de elección dos membros da Xunta Directiva, que se deben axustar ao indicado no artigo 45°”
CONVOCATORIA COETTGA:
Por acordo da Xunta Directiva celebrada o pasado 10 de febreiro, notificamos a convocatoria da próxima Asemblea Ordinaria do COETTGA celebrarase no Hotel Puerta del Camino en Santiago de Compostela:
O día 23 de marzo ás 12:30 en primeira convocatoria e ás 13:00 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
Memoria de Xestión
Eventos 2024
Asuntos de trámite
Rogos e preguntas
Achégase á convocatoria da Asemblea o modelo de voto delegado (modelo de voto delegado) que deberá estar cuberto e firmado polo representante e polo representado tal e como indica o artigo 28 dos estatutos e no artigo 44 do Regulamento de réxime interior do COITT:
Art. 28 estatutos: “Los acuerdos se tomarán por mayoría de votos presentes y representados. A estos efectos, cada asistente a la Junta General podrá votar y representar a cualquiera de los colegiados, pero nadie podrá tener más de dos representaciones, es decir, tres votos como máximo, contando el suyo propio. El derecho de representación será desarrollado por el Reglamento general de régimen interior”
Art. 44 RRI: “La Junta General de la Demarcación será presidida por el Decano Territorial, acompañado de los demás miembros de la Junta Directiva Territorial. El Secretario General de la Demarcación realizará las funciones de secretario de la reunión y levantará el Acta correspondiente. Cada asistente podrá ostentar la representación de dos colegiados. Mientras no exista reglamento de la Demarcación se entenderá el presente reglamento como de aplicación en la Demarcación.”