A IA é a combinación de algoritmos co propósito de crear máquinas que presenten as mesmas capacidades que tería un ser humano. É unha tecnoloxía que xa está presente no noso día a día acotío.
Hai varios tipos de intelixencia artificial e está presente en diferentes tipos de aplicacións. Os avances da IA están a impulsar o uso do big data, pola gran habilidade de procesar inxentes cantidades de datos e proporcionar altas vantaxes.
Posicionouse como a tecnoloxía esencial das próximas décadas.
Deixámosche as principais aplicacións con algúns exemplos:
- Asistentes virtuais: chatbots en produtos, restaurantes, hoteis, etc.
- Climáticas: frotas de drons capaces de plantar árbores, vehículos submarinos para detectar fugas, edificios intelixentes para reducir o consumo enerxético, etc.
- Agrícolas: plataformas específicas que melloran o rendemento agrícola.
- Finanzas: axudan aos bancos para detectar a fraude, predicir patróns do mercado…
- Educación: crear ofertas personalizadas para optimizar a aprendizaxe
- Loxística: evitar colisións, atascos ou optimizar o tráfico.
- Comercial: facer prognósticos de vendas, elixir o produto adecuado para o cliente, etc.
- Sanidade: diagnósticos a través de chatbots, identificar factores xenéticos, etc.
A intelixencia artificial faranos máis eficientes e permitiranos executar accións que nunca poderíamos realizar pola complexidade que require.