O pasado 29 de marzo, celebramos con gran éxito a nosa Asemblea Ordinaria 2025 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, un espazo que se converteu nun punto de encontro e reflexión para os membros do noso colexio.
Durante a sesión, tratamos diversos temas de gran relevancia para o futuro do sector. En primeiro lugar, fixemos un repaso detallado dos fitos acadados ao longo do último ano, tamén analizamos os retos actuais e futuros do sector, co obxectivo de seguir avanzando e adaptándonos a un contexto tecnolóxico en constante evolución, falamos da planificación da próxima edición de ForoTelecos e compartimos ideas e novos desafíos.
Grazas a todos/as os/as colexiados/as que asistiron e participaron activamente na asemblea.
Seguimos traballando xuntos/as para construír un futuro cheo de oportunidades e innovación!


