Os zamburiñas

Coñece ós subcampións da segunda edición do Hackathon HPE CDS Tech Challenge “Os Zamburiñas”

Os zamburiñas

O equipo Os Zamburiñas, integrado por cinco estudantes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo proclamouse subcampión da segunda edición do hackathon HPE CDS Tech Challenge. Logo de 25 horas ininterrompidas de programación, o equipo acadou o segundo posto na competición.


Aquí tedes a entrevista que fixemos para coñecelos mellor:

1. ¿Como foi esta experiencia para vós?

A experiencia dende o primeiro momento foi moi boa para nós. Foi moi emocionante ter de algunha maneira un primeiro contacto co mundo empresarial, con proxectos actuais co fin de mellorar o mundo que nos rodea e ver o que podemos aportar como enxeñeiros.

2. Podedes explicarnos brevemente en qué consiste o voso proxecto?

Para conseguir o pase á final tiñamos que mellorar de algunha maneira o uso que se fai do auga en España. Para iso nun primeiro momento fixámonos nos usos que se fan dela, e onde se malgasta máis, chegando á conclusión de que o problema residía, en gran parte, na produción enerxética.

Planteamos un sistema que tratará de predecir da forma mais axeitada a demanda enerxética do día para así non producir de máis nin malgastar auga, pero dímonos de conta que así non tiñamos en conta factores meteorolóxicos, como as sequías e demais.

Polo tanto, finalmente optamos por un sistema que fora capaz de predecir o nivel dun embalse determinado con vistas a 2 e 6 meses no futuro, tendo en conta factores meteorolóxicos e liberacións de auga, para que calquera empregado ou xerente de centrais hidroeléctricas ou embalses poda facer plans de administración da auga, de forma axeitada e responsable co medio ambiente.

Na final tiñamos que crear un Dashboard no que mostrar os resultados dun algoritmo, tamén creado por nos, o cal tendo en conta os costes de producción e transporte así como velocidades do vento, choiva, etc, elixese con que centrales alimentar as diversas áreas dunha cidade.

3. De onde xurdiu a idea?

Estas ideas xurdiron dos temas que nos propuñan dende o concurso, o cal estaba aliñado coa axenda 2030.

4. Como vos organizastes para levalo a cabo?

No primeiro momento dividímonos en facer algunha páxina web e outros o BackEnd e algoritmo, normalmente traballábamos en grupos de dous e cada certo tempo íamos poñendo en común o feito.

5. Que proxectos tedes agora en mente?

Neste momento os proxectos que temos en mente son os da Universidade e introducirnos no mundo empresarial por medio das prácticas que levaremos a cabo durante o vindeiro curso.

6. Podedes contarnos algunha anécdota nas instalacións de HPE-CDS?

Un dos integrantes decidiu deitarse media hora debaixo da mesa por segundo ano consecutivo, e outro volveu a sangrarlle o nariz.

7. Estudiades xuntos? Por que elexistes estudar Teleco?

A maior parte de nós estamos na mesma clase neste momento. Decidimos estudar teleco porque a todos nos gustaba o mundo das TICS e era unha moi boa opción para entrar neste mundo.

8. Os vosos nomes, idade, cidade de orixe

Miguel Pastoriza Santaclara, 21 anos, orixe Vigo, Teis
Pablo Cores Lijó, 20 anos, orixe Coruña
Javier Bilbao Lima, 21 anos, Vigo
Alejandro Mateo Costa de Dios, 20 anos, Vigo
Nicolás Sousa González, 20 anos,Vigo