José Manuel Martínez Pérez, decano do COETTGA
Queridos compañeiros:
No nome da xunta diretiva do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (COETTGA) e no meu propio, teño o pracer de saudarvos e darvos a benvida a este novo espazo.
En pleno século XXI e nun contexto social histórico no que as telecomunicacións se converteron en prioritarias e fundamentais para poder sacar adiante ao mundo enteiro dunha pandemia e dunha grave crise a nivel global, o noso colectivo e a nosa profesión conleva unha enorme responsabilidade. Convertémonos en héroes invisibles cando o mundo enteiro non sabía que rumbo tomar, puxemos ao servizo da sociedade todos os nosos coñecementos para favorecer o benestar do cidadán.
A sociedade precisa dos telecos, de profesionais competentes e capaces de aplicar as tecnoloxías máis avanzadas no día a día dos cidadáns. Estamos vivindo unha revolución tecnolóxica que está a cambiar o mundo tal e como o coñecemos.
Queremos que o COETTGA- AGGETT sexa un lugar de unidade, de defensa da profesión e dos profesionais, así como un sitio de traballo conxunto no que a prioridade sexa a promoción das novas tecnoloxías, a creación de sinerxias profesionais e achegar as telecomunicacións á sociedade.
Somos os graduados e enxeñeiros técnicos de telecomunicacións galegos os responsables dos avances tecnolóxicos e das novas bases para o crecemento das economías modernas, desenrolando novidosos avances tecnolóxicos que farán cambiar as costumes e os procesos productivos actuáis, somerxéndonos nunha continua transformación.
En definitiva, pretendemos que este colectivo sexa aberto, dinámico e comprometido. E será o que todos queiramos que sexa, de man dos avances tecnolóxicos, da formación técnica e da promoción das novas tecnoloxías. Estas últimas son o nexo perfecto entre a estratexia empresarial e o enfoque social.