Adxunta da Dirección Técnica de RETEGAL (Redes de Telecomunicacións Galegas)
BIOGRAFÍA
Durante toda a miña carreira profesional estiven en 3 sectores distintos: acústico, educativo e radiocomunicación.
Recén rematada a carreira no 1973 comecei a miña andadura profesional traballando na empresa Wagner, que se adicaba a illamentos e acondicionamentos acústicos (un sector do que sempre tiven unha especial debilidade e interese).
Un ano mais tarde, trasladeime a Galicia. As oportunidades laborais en Galicia, no sector das telecomunicacións e nos anos 70 e 80, non eran moi boas polo que me adiquei á ensinanza privada durante 11 anos. Ata 1985 que comecei a traballar na radiotelecomunicación como Xefa de Sección de Radioenlaces en TVG e CRTVG.
14 anos máis tarde continuei a miña andadura nas radiotelecomunicacións como Xefa do Departamento de Radioenlaces en RETEGAL e actualmente como Adxunta á Dirección Técnica de dita empresa.
¿Cal era a profesión que chamaba a túa atención de cativa?
Á hora de decantarme por unha carreira tiña varias opcións en mente: Licenciatura en Matemáticas ou Físicas (xa que eran dúas das asignaturas que máis me gustaban); pero non me vía impartindo clases, xa que era a opción prevista naqueles tempos se facías unha licenciatura dese tipo (polo menos en Galicia). Pero tamén había outra carreira que me rondaba na mente que era a Enxeñería Técnica de Telecomunicacións, malia tódolos obstáculos que presentaba esta elección (trasladarme a unha gran cidade, algo descoñecido…) había algo que me dicía que debía arriscar e así foi.
¿Por qué te decantaches pola tecnoloxía?
Decidín decantarme polo innovador, o descoñecido, polo mundo das telecomunicacións e matriculeime en Enxeñería Técnica de Telecomunicacións. Sendo así a primeira promoción de Imaxe e Son da Enxeñería Técnica de Telecomunicacións da Universidade Politécnica de Madrid en 1973.
¿En qué estás traballando actualmente?
Actualmente estou traballando como Adxunta de Dirección Técnica en Retegal (Redes de Telecomunicaciones Gallegas).
¿Qué é o que máis che gusta do teu traballo?
O que máis me gusta do meu traballo é a ausencia de monotonía. Cada día afronto un novo reto, unha nova búsqueda de solucións; dá igual toda a experiencia ou problemática que atopara anteriormente. Cada día é un reto diferente.
¿Quen é o teu referente no mundo da tecnoloxía?
A verdade é que non teño ningún referente no mundo da tecnoloxía. Nunca o pensara, a verdade. O que sí podo dicir é que tiven a sorte de traballar e estudar con grandes Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións que para mín son uns grandes referentes.
¿Qué consello ou consellos ou recomendacións darías aos futur@s tecnólog@s?
O consello que podo dar aos actuais e futuras tecnólogas e tecnólogos é a continua formación que require o mundo das telecomunicacións. Todo evoluciona a unha velocidade incrible e os Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións temos que estar ao día desta gran evolución que estamos vivindo.
A continua formación é a que nos capacita para poder seguir desenrolando, solventando e innovando necesidades do día a día e o futuro.